· As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o próximo 31 de outubro mediante este formulario https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudeAyudasPagoViviendaHabitualyFacturas2025.
· O apoio económico previsto contempla unha achega de ata 900 euros para cubrir tres mensualidades de alugueiro ou préstamo hipotecario, así como ata 400 euros para sufragar catro facturas de consumo enerxético.
O Concello de Bergondo abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar o pago dos gastos de consumo enerxético e da vivenda habitual. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o próximo 31 de outubro mediante un único formulario que permite solicitar ambas as axudas de maneira conxunta.
Esta iniciativa municipal ten como obxectivo aliviar a carga económica dos fogares do municipio e está financiada a través do Plan Social da Deputación da Coruña, cunha dotación total de ata 40.000 euros.
O apoio económico previsto contempla unha achega de ata 900 euros para cubrir tres mensualidades de alugueiro ou préstamo hipotecario, así como ata 400 euros para sufragar catro facturas de consumo enerxético.
Toda a información sobre o procedemento e o acceso ao formulario de solicitude está dispoñible na sede electrónica do Concello de Bergondo na dirección https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudeAyudasPagoViviendaHabitualyFacturas2025.
Para resolver calquera dúbida ou recibir orientación, as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos servizos sociais municipais a través do teléfono 981 791 252 (extensión 4) ou mediante o correo electrónico servizos.sociais@bergondo.gal.