HomeA CoruñaO Pavillón Arsenio Iglesias terá novo pavimento e novo tellado

O Pavillón Arsenio Iglesias terá novo pavimento e novo tellado

- Anuncio -spot_img

O Concello vai investir 296.650 euros para realizar unha profunda reforma no Pavillón polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Renovarase por completo o pavimento e o tellado.
O chan do pavillón, tal e como reclamaban diversos clubs, terá un pavimento máis axeitado para a práctica deportiva. Igualmente cambiarase a cuberta para evitar posibles filtracións de auga.
A obra está neste momento en fase de contratación e realizarase tan pronto como finalicen todos os trámites pertinentes.

Publicacións Relacionadas