HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación supervisa en Rodeiro o estado dos traballos de mellora de...

A Deputación supervisa en Rodeiro o estado dos traballos de mellora de firme que está a executar nas estradas provinciais EP-6205 San Salvador-O Salto e EP-6202 Rodeiro-Oseira

- Anuncio -spot_img

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, percorreu ambas estradas provinciais nas que se van investir preto de 160.000 euros ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria provincial

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobiidade, Belén Cachafeiro, supervisou en Rodeiro o estado dos traballos de mellora de firme que está a executar a Deputación de Pontevedra nas estradas provinciais EP-6205 San Salvador- O Salto e EP-6202 Rodeiro-Oseira. Esta actuación forma parte do acordo marco de conservación de firmes que contempla un orzamento total para o conxunto da provincia de máis de 4,4 millóns de euros.

Belén Cachafeiro sinalou que se está a actuar en 1.280 metros da estrada provincial EP-6205 San Salvador- O Salto e en 330 metros da EP-6202 Rodeiro-Oseira. En ambas estradas “os traballos consisten en operacións de mantemento das características superficiais dos firmes e da súa capacidade portante, así como da reposición da sinalización horizontal e da drenaxe afectada”, detallou a deputada quen recordou que a través desta actuación estanse solucionar “degradacións como son pavimentos escorregadizos, deformados ou con fisuras para, así, mellorar e ampliar a vida útil das estradas provinciais e garantir a seguridade destas vías tan importantes para a vertebración do noso territorio”.  

Tamén engadiu Cachafeiro que esta é soamente unha das numerosas actuacións que se van desenvolver nas estradas provinciais da provincia ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes. No caso concreto da zona de Rodeiro, enmarcada no lote 1, ademais destas estradas provinciais de Rodeiro vaise actuar en vías dos concellos de Dozón, Lalín e Vila de Cruces como a EP-6104 Castro-Dozón-Saa-A Rocha, na EP-6002 Botos-Mouriscade-A Xesta, na EP-6005 Prado-Bodaño e na EP-6306 Agolada-Cruces.

Outras actuacións en estradas provinciais de Rodeiro

A Deputación de Pontevedra, tal e como recordou a deputada, está a desenvolver outros traballos de mellora noutras estradas provinciais ao seu paso polo Concello de Rodeiro. Deste xeito, estanse a executar cunetas de seguridade na EP-6202 Rodeiro-Oseira (Riobó) e na EP-6204 Portela-Antas de Ulla (A Ponte), cunhas lonxitudes de cuneta transitable de 230 e 50 metros respectivamente.

Ademais está redactado o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-6201 Rodeiro-Vilela e na EP-6202 Rodeiro-Oseira, que contempla asfaltado, execución de cunetas transitables, de redutores de velocidades e dun paso peonil sobreelevado, así como melloras da drenaxe lonxitudinal, dun treito de beirarrúa e dun muro de contención.

Publicacións Relacionadas