HomeOurenseOurenseO alcalde visitou a food truck do proxecto “Creamos Saúde Tour”, de Cruz Vermella...

O alcalde visitou a food truck do proxecto “Creamos Saúde Tour”, de Cruz Vermella e Vegalsa-Eroski, que promove a alimentación saudable das persoas maiores

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación e Asuntos sociais, Tamara Silva, visitaron esta mañá a food truck do proxecto “Creamos Saúde Tour”, que desenvolve Cruz Vermella en Galicia coa colaboración da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. En Ourense, a actividade desenvolveuse esta mañá na Praza de Bispo Cesáreo e contou coa colaboración do CIFP Vilamarín.

Dirixida a persoas de 65 e máis anos, “Creamos Saúde Tour” é unha iniciativa de sensibilización coa que Cruz Vermella busca promover ferramentas e coñecementos sobre o papel esencial da alimentación na saúde. Así, a través de sesións divulgativas da man de profesionais da cociña e baixo a premisa dunha alimentación saudable e dun consumo responsable, Cruz Vermella percorre localidades das catro provincias galegas para ofrecer consellos, receitas e degustacións fundamentados nas claves dunha alimentación consciente e do seu impacto na saúde.

A bordo da food truck, profesionais e alumnado do CIFP Vilamarín compartiron xunto ao voluntariado e persoal técnico de Cruz Vermella os principais detalles esenciais para pór en práctica unha alimentación saudable desde os 65 anos.

Publicacións Relacionadas