A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá, xoves, 9 de outubro, a súa sesión ordinaria desta semana, que inclúe 28 asuntos na súa orde do día
Avogacía Consistorial (9). Dará conta dunha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, doutra do número 2 e dunha providencia do Tribunal Supremo. Ademais, o Concello comparecerá en 6 procedementos abreviados diante dos xulgados de Instrución número 1 e 3, e do Contencioso-Administrativo números 1 e 2.
Licenzas (9). Tratará as solicitudes de licenzas de obra para os proxectos de:
– instalación dun ascensor nun edificio da estrada da Granxa
– remate da reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Arco da Vella
– rehabilitación de dúas edificacións para vivenda unifamiliar na rúa do Lagar
– vivenda unifamiliar no Camiño de Zaís, Velle
– substitución de ascensor nun inmoble na Avenida de Bos Aires e
– construción dunha vivenda unifamiliar en Prado Loña.
Tamén tratará dúas solicitudes de primeira ocupación por legalización de usos dunha vivenda unifamiliar na rúa Esgos e dun inmoble destinado a almacén, oficinas e comercio en Outariz, e a dunha prórroga para iniciar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña
Aperturas (1). Solicitude de titulo habilitante de natureza urbanística para proxecto de adaptación dun local comercial a centro deportivo na rúa Curros Enríquez.
Disciplina (2). Inicio do expediente de ruína dun inmoble na Avenida de Santiago e aprobación da liquidación dos gastos que ocasionou a execución da demolición de obras ilegais na rúa Cuña de Abaixo.
Rehabilitación (1). Rectificación dun erro nun acordo dunha xunta de goberno anterior.
Contratación (2). Aprobar, se procede, unha modificación non substancial do contrato da subministración de bicicletas eléctricas, estacións e ancoraxes para o servizo municipal de alugueiro de bicicletas do Concello; e acordar, se procede, a prórroga do contrato dos servizos de acceso a internet de banda ancha para o edificio de La Molinera.
Recursos humanos (1). Proceso selectivo para a provisión en comisión de servizos do posto de traballo n.º 22 da RPT do Concello de Ourense, Xefe/a do Servizo de Recursos Humanos.
Asuntos Sociais (3). Aprobar as bases reguladoras que rexerán as convocatorias públicas para seleccionar os proxectos que desenvolverá o Concello nos programas de actividades para nenos e nenas e para persoas adultas nos centros cívicos e no programa de envellecemento activo para persoas maiores para o período 2025/2026.