HomeA CoruñaA CoruñaO medio maratón C21 volverá ás rúas da Coruña o 1 de...

O medio maratón C21 volverá ás rúas da Coruña o 1 de marzo do 2026

- Anuncio -spot_img

Como na pasada edición, tamén haberá unha proba específica de cinco quilómetros, a 5K. Na última edición, combinando ambas as carreiras, participaron case 4.000 persoas

O medio maratón C21, unha das grandes citas do calendario deportivo anual da Coruña, volverá ás rúas da cidade o 1 de marzo de 2026. Así o adiantou hoxe o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, que lembrou que a proba aparellará, un ano máis, unha carreira complementaria de cinco quilómetros, a 5K.

O Concello informará proximamente da data de apertura de inscricións no medio maratón coruñés do 2026. O prazo abrirá nas vindeiras semanas.

Na última edición da C21, realizada o pasado mes de febreiro, participaron case 4.000 persoas sumando as cifras do medio maratón e a 5K. Nesta última, ademais, cun fito histórico: por primeira vez desde que se puxeron en marcha estas competicións, a participación feminina superou a masculina.
“As carreiras populares teñen un potencial enorme en termos de visibilización da cidade e estamos a traballar para darlles un pulo. Non só no referente ás cifras de participación, que están a ser boas, senón tamén para que a experiencia das persoas usuarias sexa aínda mellor. Iso é o fundamental para nós”, explicou Vázquez.

Neste sentido, ao longo desta tempada estanse a recoller achegas e valoración das persoas que participan no circuíto Coruña Corre e tamén na pasada edición da C10, co obxectivo de reforzar a organización das carreiras de cara ao vindeiro ano.

Cómpre lembrar, iso si, que a tempada de carreiras populares aínda non rematou na Coruña, xa que o vindeiro 26 de outubro terá lugar a penúltima proba de Coruña Corre, no barrio do Ventorrillo. A última cita será o 23 de novembro en Novo Mesoiro, que suporá o peche do circuíto neste ano 2025.

Publicacións Relacionadas