HomeA CoruñaFEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

- Anuncio -spot_img

O produto preséntase nun formato de dous vasiños de 125g, no que o campo e a orixe cooperativa e galega teñen o protagonismo.

A marca láctea pon á venda tres dos sabores máis elixidos polos galegos: natural, vainilla e amorodo

Feiraco amplía a súa gama de produtos co lanzamento de iogures no mercado galego. Este lanzamento conta con tres referencias: natural, vainilla e amorodo, que se poderán atopar en tendas e supermercados galegos.

Comercialízase en packs de dúas unidades de 125g nun envase de calidade e de fácil reciclaxe. No exterior luce unha imaxe real dun campo galego, e no interior de cada vasiño o consumidor pode ver a imaxe e a historia de gandeiros e gandeiras responsables de conseguir cada día o leite de calidade de FEIRACO.

Os produtos preséntanse baixo o selo “producto de cooperativa CLUN” e o de “100% orixe galega” facendo alusión ao seus elementos diferenciais. “Un produto de cooperativa é un produto sen intermediarios, onde o modelo cooperativo está dende o campo, no coidado das vacas, na obtención do leite e ata a súa transformación e comercialización. E iso significa que escoller un produto de cooperativa é beneficiar directamente ao campo galego” – explica Juan Gallástegui, director xeral de CLUN.

Este espírito de cooperativa é o que se pode apreciar no spot encargado de presentar o novo iogur FEIRACO, así, esta peza audiovisual está protagonizada por gandeiros e gandeiras reais en lugar de por actores, que directamente dende o campo, presentan o novo iogur Feiraco.

Compromiso coa sustentabilidade

Cun vasiño 100% reciclable, o envase deste novo produto fala por si só de sustentabilidade. Conta cunha capa de plástico fina e reforzo de cartón que se pode separar facilmente, permitindo depositar cada material no colector correspondente: o vasiño de plástico e tapa no amarelo e o cartón no azul. Con este xesto, Feiraco contribúe a facilitar a reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Publicacións Relacionadas