HomePontevedraAcordo entre o Concello de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente...

Acordo entre o Concello de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente para axilizar a tramitación dos servizos de saneamento e auga para o novo Campiño e as vivendas protexidas da Parda

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá un encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez co propósito de buscar a colaboración do departamento autonómico na tramitación dos servizos de abastecemento e saneamento do Plan de interese autonómico (PIA) da Parda onde a Xunta ten previsto construír unhas 2.000 vivendas públicas así como para a ampliación do polígono industrial de O Campiño.

O alcalde explicou logo da reunión que existe o compromiso da Consellería para axilizar a tramitación deste colector dado que xa existe un acordo entre o Concello de Pontevedra, o IGVS (no caso do PIA) e Xestur (no caso do Campiño) para desenvolver ambos proxectos

Tamén abordaron a necesidade de que Augas de Galiza colabore na mellora do colector do Gafos ao seu paso pola estación de autobuses, así como iniciar os estudios para resolver os problemas que xera o colector do río Pintos que desborda en moitas ocasións ao longo do ano (haxa ou non enchentes). Tamén se comprometeron a manter contactos con Vilaboa para resolver os problemas do colector do concello veciño que fai entrar en carga o do Gafos.

Publicacións Relacionadas