O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no polideportivo municipal das Pontes ao partido amistoso entre as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de España e Portugal, no marco da súa preparación para a Copa Mundial Feminina de Futsal da FIFA 2025, unha cita que se celebra por primeira vez este ano e que terá como sede Filipinas.