HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina 29.000 euros para que 10 entidades sen fins de...

A Deputación destina 29.000 euros para que 10 entidades sen fins de lucro da contorna de Pontevedra impulsen actividades de dinamización da lingua galega

- Anuncio -spot_img

A liña de axudas, que repartiu máis de 112.000 euros entre 44 entidades de toda a provincia, ten como obxectivo favorecer o coñecemento, a posta en valor e o uso da lingua galega por parte da cidadanía

A Deputación de Pontevedra destina este ano un total de preto de 29.000 euros a 10 colectivos da cidade de Pontevedra e a súa contorna no marco das súas axudas para o impulso de actividades de dinamización da lingua galega. No marco desta liña, cuxo reparto se aprobou na última Xunta de Goberno da institución provincial, resultaron beneficiarias un total de 44 entidades sen fins de lucro do territorio provincial, co fin de organizar accións que permitan incrementar a presenza do galego en todos os contextos.

Na cidade de Pontevedra resultaron beneficiarios catro colectivos. O Consello Español para a Defensa da Discapacidade e a Dependencia de Galicia (CEDDD Galicia) recibirá 3.825 € para a elaboración dunha guía protocolo en emerxencias para persoas con discapacidade. A Asociación XOGA recibirá 3.675 € para elaborar unha guía para a atención a persoas con diversidade sensorial no campo sociosanitario. A Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural farase con 3.557 € para a “Práctica de Lingua Galega para ESO e Bacharelato IV e Calendario de refráns”. Ademais, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua recibirá 2.461 € para os “Premios Mil Primaveras” e proxectos de posta en valor e fomento da lingua.

En Barro, a Asociación Musical Cultural Tirante recibirá 3.975 € para “Camiña Toponimia”. En Cerdedo-Cotobade, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio recibirá 450 € para o proxecto “Regueifando ando”. En Marín, o Centro Comercial Local Estrela de Marín recibirá preto de 3.612 € para un proxecto de redución de bolsas dun só uso. En Poio, o Centro Cultural Ateneo de Corredoira recibirá 4.000 € para o proxecto “Primavera das letras”. En Ponte Caldelas, a Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns recibirá 3.176 € para “Toponimizar Forzáns. Un proxecto cultural e lingüístico interxeracional colectivo”.

Con estes recursos, as entidades da provincia poden realizar accións para favorecer o coñecemento, a posta en valor e o uso da lingua galega por parte da cidadanía en todos os ámbitos. Deste xeito, a Deputación  contribúe a que poidan atender a demanda que ano tras ano mantén o tecido asociativo da provincia en favor da promoción e defensa da lingua.

Publicacións Relacionadas