HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia a concesión de axudas valoradas en 525.000 € para...

Luis López anuncia a concesión de axudas valoradas en 525.000 € para o deporte de elite e para financiar materiais e servizos para campionatos deportivos

- Anuncio -spot_img

“Estamos a investir recursos como nunca antes se fixera, porque Pontevedra é a provincia do deporte e queremos seguir avanzando nesta materia”, subliñou o presidente provincial

A Deputación aproba a concesión das achegas por valor de 405.000 € para 436 deportistas de elite. “Trátase da cifra máis alta desde que a Deputación puxo en marcha estas axudas, tanto no que respecta aos recursos como ao número de beneficiarios”, subliñou o presidente

O organismo esgotou o crédito de 120.000 € co que se dotou a nova liña de axudas para adquirir materiais e servizos para eventos deportivos, da que se benefician 146 entidades. “Era unha grandísima necesidade: recibimos 256 solicitudes e estamos xa traballando nunha segunda convocatoria para atender a elevada demanda”, remarcou López

Luis López acaba de anunciar a concesión de axudas valoradas en 525.000 € para o deporte de elite e para financiar materiais e servizos para campionatos deportivos. Ao detalle, a Xunta de Goberno aprobou destinar 405.000 euros para o deporte de alto nivel e 120.000 € para que as entidades deportivas da provincia poidan adquirir materiais e servizos para eventos. “Estamos a investir recursos como nunca antes se fixera porque Pontevedra é a provincia do deporte e queremos seguir avanzando nesta materia”, subliñou o presidente provincial.

No que respecta ao deporte de alto nivel, o organismo aprobou conceder 405.000 euros para 436 deportistas de elite. “Trátase –asegurou o presidente da Deputación- da cifra máis alta desde que a Deputación puxo en marcha estas axudas, tanto no que respecta aos recursos como ao número de beneficiarios: 5.000 € máis e 23 deportistas máis”. En concreto, son 261deportistas de alto nivel (DepoDAN), 15 deportistas de alto nivel con discapacidade (DepoDAN+) e 161 deportistas de alto nivel de base (DepoTalento), que se van beneficiar de contías que oscilan entre os preto de 500 e os 3.000 € para financiar a súa participación en competicións. 

“O noso obxectivo é que todos os deportistas de elite da provincia poidan cumprir os seus soños. Aquí, nesta provincia, hai talento dabondo e queremos que todos alcancen as metas que se propoñan”, recordou López quen detallou que entre os beneficiarios das axudas atópanse persoas como Pablo Graña, Antía e Daniel Chamosa, Antía Jácome ou Desi Vila.

Nova liña de axudas para adquirir materiais e servizos

Pola súa banda, tamén se deu conta do esgotamento do crédito de 120.000 € dirixido ás axudas lanzadas por vez primeira na historia da Deputación para que as entidades deportivas poidan adquirir materiais e servizos para eventos deportivas. Beneficiaranse destes recursos 146 entidades, con ata un máximo de 1.000 € para adquirir bens como medallas, trofeos, camisetas ou material promocional ou para contratar servizos necesarios para a súa organización.

“Teño que dicirvos  que novamente esta era unha grandísima necesidade. Recibimos 256 solicitudes, 25 non se axustaban ás bases pero 85 quedaron fóra desta primeira convocatoria por esgotarse o crédito dispoñible”, subliñou o presidente Luis López quen engadiu que “xa estamos traballando nunha segunda convocatoria para atender a elevada demanda e garantir que todos os clubs poidan satisfacer as súas necesidades”.

Publicacións Relacionadas