HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación activa en Rañestras a renovación do alumeado público de Rodeiro,...

A Deputación activa en Rañestras a renovación do alumeado público de Rodeiro, onde investirá 263.000 € para instalar 276 novas luminarias

- Anuncio -spot_img

“Con esta actuación, Rodeiro modernizará o alumeado público e poderá conseguir un importante aforro enerxético de arredor do 40%”, subliñou o presidente provincial Luis López

En Rañestras, onde xa comezaron os traballos, vanse substituír 22 puntos de luz por novas luminarias con tecnoloxía LED de última xeración e alta eficiencia

As 254 luminarias restantes que se van instalar na localidade situaranse nos lugares de Aboldrón, Aciveiro, Agrosagro, O Az, Barbeitos, Calque, Carboentes, Cristimil, O Couto, Faílde, Negrelos, Portela, Saa, Vilachá e Vilameá

A Deputación de Pontevedra acaba de activar en Rañestras a renovación do alumeado público de Rodeiro, onde investirá 263.000 € para instalar 276 novas luces. Nesta parroquia, onde xa comezaron os traballos, vanse substituír 22 puntos de luz por novas luminarias con tecnoloxía LED de última xeración e alta eficiencia. 

“Con esta actuación –asegurou o presidente provincial Luis López- Rodeiro modernizará o alumeado público e poderá conseguir un importante aforro enerxético de arredor do 40%”. Neste eido, o presidente da Deputación subliñou que actuacións como a que se acaba de iniciar en Rañestras, financiada con fondos europeos do programa DUS-5000 a través do IDAE e con recursos da institución provincial,  “fala do compromiso da Deputación con concellos rurais como o de Rodeiro, coa modernizacióin e mellora dos servizos e coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente”.

Á renovación das 22 luminarias de Rañestras seguiranlle outras 254 que se instalarán noutros lugares do Concello de Rodeiro como son Agrosagro (18), Negrelos (26), Carboentes (22), Vilameá (14), Aboldrón e Vilameá (21), Barbeitos (26), Cristimil (21), O Couto e Calque (20), Faílde (17), Vilachá e Aciveiro (18), O Az (16), Portela (19) e Saa (16).

Publicacións Relacionadas