HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación ultima o prazo para solicitar as axudas que permitirán ás...

A Deputación ultima o prazo para solicitar as axudas que permitirán ás agrupacións musicais adquirir e reparar instrumentos e vestiario propio

- Anuncio -spot_img

Estas novas axudas, que contan cun orzamento de 200.000 euros, poden solicitarse ata o 10 de outubro a través da sede electrónica da institución provincial

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o 10 de outubro o prazo para solicitar a nova liña de axudas destinada ás agrupacións e grupos musicais sen fins de lucro da provincia que se dedican a promover, difundir e practicar música poidan solicitar. Dotada de 200.000 euros, estes colectivos poderán utilizar os recursos para adquirir e reparar os seus instrumentos e vestiario propio, e as solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da institución provincial.

A convocatoria está dividida en dúas liñas, unha primeira centrada na adquisición de instrumentos e vestiario cun crédito de 170.000 euros, e unha segunda con destino á reparación destes mesmos bens, cun crédito total de 30.000 euros. En ambos os dous casos, as axudas concedidas non poderán superar o 75% do orzamento da actuación e as entidades poderán percibir ata un máximo de 3.000 euros. As bases completas da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta nova iniciativa co fin de apoiar uns colectivos que coa súa acción contribúen á preservación do patrimonio inmaterial e á transmisión das tradicións galegas. Deste xeito, permítese reforzar o tecido asociativo cultural da provincia de Pontevedra así como se contribúe á conservación e difusión do patrimonio inmaterial de Galicia, tendo en conta o papel que xogan neste aspecto  formacións como as bandas de música, masas corais ou agrupacións folclóricas.

Publicacións Relacionadas