HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación reparte 47.000 euros entre 46 clubs de Deza-Tabeirós nas axudas...

A Deputación reparte 47.000 euros entre 46 clubs de Deza-Tabeirós nas axudas ao deporte inferior a estatal

- Anuncio -spot_img

Un total de 564 clubs de 59 concellos da provincia resultaron beneficiados das dúas liñas incluídas na convocatoria, que mobilizou un total de 650.000 €

A Deputación de Pontevedra destina este ano 47.000 euros para 46 clubs de Deza-Tabeirós no marco das súas axudas para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol. Nesta convocatoria dotada de 650.000 euros (600.000 € para o ámbito inferior a estatal e 50.000 € especificamente para Preferente Galicia) resultaron beneficiarios 564 clubs de 59 concellos da provincia.

Na Estrada, faranse con achegas un total de 17 clubs, que recibirán preto de 16.000 euros: A Estrada Futsal, a Agrupación Deportiva Cultural Sincro Burbullas, a Asociación Cultural Deportiva Veteranos Berres, a Asociación Deportiva Cultural Berres, o Club Atletismo Estrada, o Club Atletismo Independente A Estrada, o Club Bádminton A Estrada, o Club Ciclista Estradense, o Club Deportivo Sport Team Estrada, o Club de Tenis de Mesa RC A Estrada, o Club Natación e Salvamento A Estrada, o Club Ximnasia A Estrada, a Escola Estrada de Fútbol Base, a Escudía Carracedo Competición, a Escudaría Estradense, o Estrada Fútbol Sala Feminino e o Figueroa Estrada Pádel.

En Lalín son 15 os clubs beneficiarios, cun total de 14.082 € na primeira liña e 4.577 € na de Preferente Galicia. Recibirán recursos a Asociación Club Deportivo Kung Tai, o Club Basketdeza, o Club Ciclista Montes de Deza-Candán-Faro-Testeiro, o Club de Rugby Lalín, o Clubs de Tenis de Mesa Lalín, o Clube Sobre Rodas, o Clube Escola de Atletismo Deza, o Club Escudería Lalín-Deza, o Club Petanca Lalín, a Escola de Fútbol Lalín, a Escuela de Ajedrez de Lalín, o GTR Galaico Trail Run, Móvete Na Moto, o Vilatuxe Fútbol Club e, no caso da Preferente Galicia, o Club Deportivo Lalín.

Cinco clubs de Vila de Cruces recibirán 4.583 euros: a Asociación Deportiva Kung Fu Zen, o Keltoi Cruces, a Sociedade de Cazadores de Vila de Cruces, a Sociedade de Caza Fontao e a Sociedade Deportiva Cruces. En Silleda, un total de catro clubs recibirán 3.474 euros: o BTT Trasdeza, o Clube de Petanca da Bandeira, a Sociedade Deportiva Bandeira Club de Fútbol e a Sociedade Deportiva CF Silleda. Ademais, tres clubs de Agolada recibirán preto de 2.000 €: as Sociedades de Caza Bertaña e Farelo-Agolada e a Sociedade Deportiva Agolada. En Dozón, recibirá 575 € a Sociedade de Caza e Pesca de Dozón, mentres que en Forcarei a Escola de Fútbol Base Terra de Montes recibirá 1.189 €. Por último, en Rodeiro, a Sociedade Deportiva de Caza e Pesca de Rodeiro recibirá 828 €.

Con estes recursos, os clubs da provincia poderán financiar os gastos derivados da súa actividade competitiva durante a temporada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025: gastos federativos, de competición e de adestramento, de persoal, de material deportivo, así como gastos sanitarios.

Publicacións Relacionadas