HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca na Feira Esdomar o labro da rede EuSumo no...

A Xunta destaca na Feira Esdomar o labro da rede EuSumo no fortalecemento do emprendemento no ámbito da economía social

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu á segunda edición da feira #Esdomar, organizada pola Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) no marco da rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo. Esta cita, que se celebra hoxe no porto vigués de Canido, inclúe a presentación de iniciativas de economía social na contorna do mar, obradoiros, charlas, exposicións, música e gastronomía e deste xeito busca poñer en valor as iniciativas de economía social no sector marítimo-pesqueiro, promovendo a sustentabilidade e o desenvolvemento económico da comunidade.

Alí, Marta Mariño destacou que o fin de #Esdomar concorda coa aposta do Goberno galego por fortalecer a economía social, ámbito para o que o Goberno galego ten orzados neste 2025 case 45 millóns de euros e no que impulsou a Estratexia galega da economía social: horizonte 2027. Ademais, avanza na tramitación da nova Lei de cooperativas de Galicia, lexislando e adaptando a normativa á realidade actual, co obxecto de axilizar a creación de novas entidades e de consolidar as xa existentes. A directora xeral tamén puxo en valor o labor da rede Eusumo que presta apoio directo á creación de emprego con base na economía social, asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito.

Publicacións Relacionadas