HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez anima á cidade de Vigo a “envorcarse” coa campaña de...

Luisa Sánchez anima á cidade de Vigo a “envorcarse” coa campaña de Nadal ‘Cada neno, un xoguete’

- Anuncio -spot_img


A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, animou este sábado á cidade de Vigo a “envorcarse” coa campaña ‘Cada neno, un xoguete’, impulsada pola Asociación Stop, para garantir que calquera cativo ou cativa recibe un agasallo polo Nadal. A representante provincial agradeceu e recoñeceu o traballo que desenvolve esta entidade sen ánimo de lucro desde hai 17 anos en beneficio das familias con menos recursos económicos. No acto de inicio dunha nova edición da iniciativa, convidou a doar regalos “enfocándonos non só nas idades más temperás senón tamén na rapazada que, a cabalo entre a infancia e a fase adulta, ás veces queda esquecida neste tipo de accións sociais”.​

Publicacións Relacionadas