HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez visita a exposición “Océano Sobral” coa que se conmemoran os 50...

Rafa Domínguez visita a exposición “Océano Sobral” coa que se conmemoran os 50 anos de traxectoria do artista Antón Sobral

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou hoxe na sede de Afundación en Vigo a exposición “Océano Sobral” coa que se conmemoran os 50 anos de traxectoria do artista marinense Antón Sobral. O vicepresidente provincial aproveitou a ocasión para poñer en valor a súa obra, así como o seu papel clave no regreso da Bienal de Arte a Pontevedra: “Cando recuperamos 15 anos despois a 32º Bienal de Arte de Pontevedra, tiña moi claro que Antón Sobral debía formar parte dun equipo chamado a consolidala no panorama cultural internacional. Parabéns polos teus 50 anos de vida e arte”.

Publicacións Relacionadas