HomeDeputaciónsDeputación OurenseMenor pon en valor a cooperación da Deputación “en facer realidade o...

Menor pon en valor a cooperación da Deputación “en facer realidade o soño que tiñan en Por Eles TEA, a consecución dunha sede propia”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participou na inauguración do novo local desta asociación, creada para acompañar, orientar e defender os dereitos das persoas con Trastorno do Espectro Autista de Ourense, promovendo a súa inclusión plena en todos os ámbitos da sociedade

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta mañá na inauguración da nova sede de Por Eles TEA, onde quixo lembrar a primeira reunión que mantivo como responsable provincial con esta asociación, creada para acompañar, orientar e defender os dereitos das persoas con Trastorno do Espectro Autista. “Naquela reunión transmitíronme o seu gran soño, que era contar cunha sede propia. E hoxe, ese soño é realidade e síntome co deber cumprido”, proclamou.

Precisamente, Luis Menor lembrou que a colaboración da Deputación para conseguir hoxe ese obxectivo foi “moi importante”, e avanzou que a institución provincial continuará a prestar apoio, dentro das súas posibilidades, “para botar unha man en todo o que faga falta”.

De feito, Menor tamén quixo recoñecer o labor que realiza a Área de Política Social da Deputación, en contacto permanente cos colectivos sociais para poder “canalizar mellor a cooperación posible para desenvolver os seus proxectos, porque as administracións debemos estar para resolver problemas”.

Publicacións Relacionadas