HomeXunta de GaliciaO Observatorio de Sostibilidade Turística avanza no deseño de indicadores que monotirazarán...

O Observatorio de Sostibilidade Turística avanza no deseño de indicadores que monotirazarán o control dos fluxos para consolidar o modelo sostibles galego

- Anuncio -spot_img
  • O director de Turismo de Galicia agradeceu a participación dunha “ampla base social” no obradoiro do Observatorio de Sostibilidade Turística (OST)
  • Na reunión analizáronse os indicadores que avaliarán a actividade na comunidade co fin de elaborar unha diagnose de sostibilidade sector turístico

O turismo de Galicia avanza cara maiores cotas de sostibilidade. Así se desprende da reunión do grupo de traballo do Observatorio de Sostibilidade Turística do que forman parte 20 entidades, entre elas administracións públicas e representantes do sector turístico, universidades así como expertos e profesionais.

O principal obxectivo do grupo de traballo de hoxe era determinar factores e indicadores para analizar o sector turístico galego actual e favorecer así a súa adaptación ás tendencias do turismo a nivel mundial e tamén  mellorar as decisións estratéxicas da cara á súa planificación.

O Observatorio tamén quere impulsar a implantación do turismo intelixente e contribuír á cohesión e colaboración do sector turístico galego e doutros grupos de interese para incrementar a súa competitividade e o seu potencial.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou neste grupo de traballo poñendo en valor esta ferramenta que botou a andar o pasado mes de novembro e que ten un calendario de traballo que culminará a finais de 2026.

Durante a súa intervención, o director de Turismo salientou que o observatorio conta cunha “ampla base social que sentará as bases do turismo do futuro” a través da determinación destes indicadores que logo se testarán e que derivarán nun diagnóstico de sostibilidade do sector turístico de Galicia.

Xosé Merelles salientou os bos resultados acadados no último ano, “cando nos visitaron máis de 8 millóns de persoas”, que se unen ao balance dos oito primeiros meses deste 2025 con máis de 5M de viaxeiros e un incremento do 3,9%. “Trátase dun crecemento moderado que vén a consolidar o destino”, polo que ferramentas coma o Observatorio de Sostibilidade Turística vai ser de utilidade á hora de “xestionar este incremento e tamén facelo compatible coa cidadanía”.

Segundo apuntou o director de Turismo, a información e os datos derivada do Obsevatorio de Sostibilidade Turística permitirá “dar resposta á evolución da actividade turística, anticipar tendencias e mellorar a toma de decisións estratéxicas e avanzar en sostibilidade”.

Publicacións Relacionadas