HomePontevedraBNG recolle, nunha semana, máis de 2.200 sinaturas para solicitar o veto...

BNG recolle, nunha semana, máis de 2.200 sinaturas para solicitar o veto de Israel en todos os eventos deportivos e culturais

- Anuncio -spot_img

A responsábel local do BNG, Sabela Bará, mostrou o seu orgullo por ser parte dunha sociedade que manifesta claramente a súa dignidade, humanidade e solidariedade co pobo palestino

A responsábel local do BNG, Sabela Bará, acompañada pola responsábel comarcal, Ana Peralba e as concelleiras Anabel Gulías e Eva Vilaverde, entregou hoxe no rexistro da Deputación as sinaturas recollidas na primeira semana da campaña para demandar a exclusión de Israel de toda clase de competicións deportivas. As sinaturas están remitidas ao concello de Pontevedra, ao Consejo Superior de Deportes e ás Federacións españolas de Triatlon e Natación.

Sabela Bará calificou de “éxito rotundo, e de orgullo como veciña” a recollida en Pontevedra de sinaturas demandando que o Estado xenocida de Israel non poida participar en evento de ningún tipo, polo xenocidio e a limpeza étnica que está realizando en Palestina. “En apenas unha semana recollemos 2.256 sinaturas, o que manifesta claramente a dignidade, a humanidade e a solidariedade dos nosos veciños e veciñas”.

A campaña levada a cabo polo BNG anunciouse publicamente o pasado 26 de setembro e comezou o luns 29 cunha mesa no campus universitario da cidade, ás que seguiron outras na

praza da Peregrina e na praza do Hospital.
Texto da recollida de sinaturas
O texto das follas de recollida de sinaturas recolle:
“Nos últimos meses asistimos atónitas a un xenocidio televisado, tolerado e mesmo amparado por institucións de grande relevancia política.
Mentres quen debería tomar partido permanece en silencio, milleiros de persoas organizámonos para denunciar ao estado xenocida de Israel, que xa leva asasinadas máis de 65.000 persoas, entre elas máis de 17.000 nenas e nenos.

A dignidade mostrouse tamén nos espazos deportivos, reclamando que se apliquen as mesmas medidas que se tomaron contra Rusia e Bielorrusia: a exclusión da bandeira de Israel das competicións internacionais. Non se pode normalizar a matanza.

Neste camiño tamén se pronunciou o Pleno do Concello de Pontevedra, aprobando a iniciativa do BNG: “non acoller en Pontevedra ningún evento de carácter deportivo, cultural ou de outra índole, no que participen entidades que representen ao estado de Israel ou sexan financiadas por el, así como aquelas que contribúan a promocionar e blanquear o xenocidio que está cometendo sobre o pobo palestino”.

Porén, o PP e Rafa Domínguez, en lugar de sumarse á condena do xenocidio en Palestina, optaron por ameazar con denuncias e instar á Fiscalía a actuar contra quen non entedemos por que o estado de Israel ten tantas facilidades para matar.

Non podemos quedar impasibles fronte ao horror e á barbarie. É o momento de reaccionar e de esixir ás institucións que actúen: que se prohiba competir baixo a bandeira dun Estado que comete crimes contra a humanidade.

Asina e súmate a esta denuncia. Paz e liberdade para Palestina.”

Publicacións Relacionadas