HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación e a Asociación Veciñal de Ceboliño fortalecen a súa cooperación

A Deputación e a Asociación Veciñal de Ceboliño fortalecen a súa cooperación

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu á directiva deste colectivo, encabezada polo seu presidente, Miguel Alonso, e animounos a participar na liña de axudas que pon a disposición a Deputación para estas entidades e que este ano triplicou a súa contía, pasando de 35.000 euros a 100.000 euros

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Veciños de Ceboliño, encabezada polo seu presidente, Miguel Alonso.

No encontro, os responsables veciñais explicaron de xeito pormenorizado o seu labor durante todo o ano e o presidente provincial explicoulles os mecanismos que pon a disposición a Deputación para colaborar coas asociacións de veciños, como é o caso da liña de subvencións que cada ano pon en marcha a institución e que neste ano incrementou a súa contía, prácticamente triplicándoa, pasando de 35.000 euros a 100.000 euros. 

Menor fixo fincapé tamén en que os servizos técnicos da Deputación están a disposición das entidades veciñais para colaborar en todo o que supoñe a consecución dos seus obxectivos e animounos a participar na liña de axudas que está a piques de se resolver, “porque na Deputación temos moi presente o labor fundamental que desempeña o movemento veciñal na nosa provincia”, dixo.

Publicacións Relacionadas