O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe á comida de celebración do patrón das autoescolas, San Cristovo, organizada pola Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense que preside Luis Novoa.
Menor puxo en valor ao sector como “motor económico” da provincia, destacando o impulso da Deputación aos profesionais das autoescolas, con axudas para cursos de formación e outras iniciativas como a mellora dun aula para examinarse no Barco de Valdeorras.
O presidente provincial asegurou que o sector en Ourense é “innovador e dinámico”, ademais de “garantir o relevo xeracional”.
Durante a celebración, na rectoral de Ansemil, Menor recolleu, de mans do presidente da asociación, Luis Novoa, un recoñecemento á Deputación de Ourense, polo seu apoio ao sector e aos profesionais das autoescolas.