HomeVigoNigránO concello de Nigrán e a Asociación de Cáncer de Mama Metástico...

O concello de Nigrán e a Asociación de Cáncer de Mama Metástico conmemoran o luns o Día Mundial desta enfermidade

- Anuncio -spot_img

No acto, aberto a toda a veciñanza, participarán o alcalde e a veciña de Nigrán María Rouco, voceira desta asociación na área e afectada

O Concello de Nigrán e a Asociación Española de Cáncer de Mama Metastásico conmemoran este luns 13 de outubro ás 20:00 horas no consistorio o día mundial desta enfermidade que mata cada ano a case 7.000 mulleres en España. No acto, no que se lerá un manifesto e se iluminarán cos cores representativos a fachada do Concello, participará o alcalde de Nigrán, Juan González, e a veciña de Priegue María Rouco, afectada por esta doenza e actualmente voceira da asociación. Por isto, desde o Concello faise un chamamento á participación da veciñanza para amosar a sensibilización do municipio ao respecto e o apoio ás mulleres que o padecen.

A loita desta asociación, e o que reclamarán especialmente neste día, é conquerir un maior investimento público e sostido en investigación, un acceso equitativo e áxil á innovación para que os tratamentos que se aproben estean dispoñibles en todo o territorio, un recoñecemento legal e social da realidade dos pacientes (a estabilidade clínica non equivale á capacidade laboral real) e unha visibilización honesta e sen estereotipos das mulleres que o sufren.

“Necesitamos que a nosa realidade se amose con claridade, sen mensaxes simplistas nin edulcorados que nos invisibilizan. O cancro de mama metastásico non nos define, pero marca as nosas vidas. Somos nais, fillas, irmás, amigas, compañeiras de traballo… persoas que seguimos aquí, con ganas de vivir e con dereito a facelo con dignidade”, finaliza o manifesto.

Publicacións Relacionadas