HomeA CoruñaO proxecto Fene 1941 continúa este martes coa segunda das conversas abertas...

O proxecto Fene 1941 continúa este martes coa segunda das conversas abertas coa veciñanza

- Anuncio -spot_img

A sesión, que pechará o percorrido oral polas oito parroquias do concello, celebrarase ás 19.30h na Casa da Cultura

O proxecto “Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro” continúa este martes, 14 de outubro, coa segunda das conversas abertas coa veciñanza, que terá lugar ás 19.30h na Casa da Cultura. Nesta ocasión, participarán representantes das parroquias de Sillobre, Limodre, Magalofes e Maniños, completando así o percorrido polas oito parroquias do concello iniciado a pasada semana.

A primeira xornada, celebrada o pasado martes, reuniu a un nutrido público e deixou momentos cheos de emoción e lembranzas, coas intervencións de veciños e veciñas de San Valentín, Perlío, Fene e Barallobre, que compartiron as súas vivencias e historias arredor do estaleiro e da vida no concello.

As actividades do proxecto Fene 1941 continuarán esta fin de semana cunha nova sesión da ruta de tapas “O estaleiro nas tabernas”, e culminarán o sábado 25 de outubro co encontro interxeracional, previsto na ACRD O Pote de Maniños.

O proxecto Fene 1941 desenvólvese nos anos 2024 e 2025 e está financiado con fondos do Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte, cunha achega do 70% da Unión Europea e 30% da Consellería do Mar (Xunta de Galiza).

Publicacións Relacionadas