A programación cultural de outono do Concello de Oleiros continúa co espectáculo de danza contemporánea TABÚ, do Colectivo Glovo, o vindeiro sábado 18 ás 20:30 horas no García Márquez (Mera).
O espectáculo de danza contemporánea, dirixido por Esther Latorre e Hugo Pereira, presentarase no García Márquez o sábado 18 de outubro ás 20:30 horas.
O espectáculo xira na contorna do achado no centro de Allariz, concretamente no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña, dunha unha rechamante fotografía datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela, un grupo de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoia de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”. Quen eran esas mulleres? Que foi delas? Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras? Fronte a estes interrogantes, comézase sen retorno, un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
O espectáculo está dirixida a todos os públicos e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.