O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu hoxe á inauguración da Feira do Pan do Porriño que ten lugar ao longo desta xornada na localidade pontevedresa e onde puxo en valor este produto indispensable na mesa.
Cómpre salientar que Galicia conta coas indicacións xeográficas protexidas Pan Galego e Pan de Cea, o que amosa a importancia do sector da panadería na nosa comunidade. A maiores, esta feira conta con actividades promovidas pola propia Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, con degustacións de produtos amparados por diferentes distintivos de calidade diferenciada.