HomeXunta de GaliciaRomán Rodríguez recoñece na UNED "unha aliada para unha Galicia máis cohesionda,...

Román Rodríguez recoñece na UNED “unha aliada para unha Galicia máis cohesionda, culta e preparada”

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na inauguración do curso académico na sede en Pontevedra da Universidade Nacional a Distancia

O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, recoñece o papel da UNED como unha “aliada” na construción dunha Galicia “máis cohesionada, culta e preparada para o futuro” e animou a seguir estreitando lazos de colaboración para xerar oportunidades.

Así o sinalou hoxe con motivo da súa participación no acto de apertura do curso académico 2025-26 da Universidade Nacional de Educación a Distancia, onde reivindicou, así mesmo, o valor da educación como a porta de futuro da mocidade tanto a nivel profesional como persoal.

O escritor Manel Loureiro foi o encargado de impartir a lección inaugural do acto no que tamén participaron o vicerreitor de Centros Asociados da UNED, Jesús de Andrés, e o director do Centro UNED en Pontevedra, Víctor Manuel González.

Publicacións Relacionadas