HomePontevedraBaixo MiñoA Deputación selecciona os nove proxectos que  participarán ata decembro no III...

A Deputación selecciona os nove proxectos que  participarán ata decembro no III Programa de Crecemento Empresarial que terá lugar nas contornas de Vigo e O Baixo Miño

- Anuncio -spot_img

Beneficiaranse desta iniciativa, enmarcada no programa SmartPeme+, empresas de Cangas do Morrazo, Gondomar, Ponteareas, Tomiño e Vigo

A Deputación de Pontevedra acaba de seleccionar os nove proxectos que participarán no III Programa de Crecemento Empresarial que desenvolverá nas contornas de Vigo e O Baixo Miño ata decembro. Trátase dunha iniciativa enmarcada en SmartPeme+ que permitirá apoiar as empresas da provincia que se atopen en fase de crecemento e busquen consolidarse no mercado e mellorar a súa competitividade e sustentabilidade.

Os proxectos que participarán neste programa pertencen aos concellos de Cangas do Morrazo, Gondomar, Ponteareas, Tomiño e Vigo. Trátanse de Infomiño Expansión 360, de Jorge Alonso Daldea; Hotel y Apartamentos Rodeiramar, de Mercedes Rodal Mallo; Cometa de menta, de Mónica Fernández Fernández, Gandería Os Bravos, de Hugo Martínez Villar; Liño e Lá, de Anahí Cachaza Valeiro; BY César Moreno, de César Augusto Moreno Rojas; Grandma Sita, de Elena Jiménez romero; Nicoletos, de Ayelén Núñez Fernández; e Leather Studio Vigo de Antonina Kadyrova.

A partir deste mes de outubro e ata decembro estas nove empresas recibirán asesoramento personalizado e poderán asistir a once sesións formativas nas que se abordarán temáticas como o emprendemento dixital, o uso de ferramentas de deseño e metodoloxías innovadoras como Lego Serious Play. Ademais, ao remate do programa, terá lugar unha sesión de presentación dos proxectos na que se premiará a mellor iniciativa empresarial cun cheque valorado en 500 € destinado a formación especializada.

O pasado ano o Programa  de Crecemento Empresarial de SmartPeme+ desenvolveuse en Lalín e contou coa participación de seis proxectos da Estrada, Lalín e Silleda: a Asociación de Mulleres que Aman o Rural, o medio de comunicación local Ecos de Comarca; o negocio de produtos a granel Plazeite, o negocio de produtos para mascotas Viralatas Petshop, a organizadora de eventos networking Workevents e a empresa de economía social relacionada coa natureza e o patrimonio Amarela.

Publicacións Relacionadas