“Xa é un clásico e o mellor Halloween de toda España”, afirma o alcalde Gonzalo Pérez Jácome
A cidade de Ourense prepárase para vivir unha nova edición da súa xa tradicional Noite de Medo, que se desenvolverá o venres, 31 de outubro, cunha programación chea de propostas para todos os públicos. O evento, plenamente consolidado no calendario festivo, combinará actividades para o público infantil e adulto, animación de rúa, música en directo e espectáculos que converterán a cidade nun auténtico e divertido escenario de terror.
A programación inclúe obradoiros de cabazas e maquillaxe para a cativada, túnel do terror, desfile, un concerto infantil e o espectáculo “Chaioso de Medo”. O broche final será o concerto do grupo de rock galego Heredeiros da Crus, seguido dunha sesión especial da Gramola, que prolongará a festa até a madrugada.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacou a consolidación desta cita como un referente no panorama festivo nacional: “Xa é un clásico e o mellor Halloween de toda España. Comezamos a potenciar esta celebración en 2019 e, tras o parón da pandemia, reforzámola ano tras ano. As edicións de 2021, 2022, 2023 e 2024 foron un éxito e este 2025 volverá selo”.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
17.00 – 19.45 h Obradoiro de Cabazas
Lugar: Parque de San Lázaro
17.00 – 19.45 h Obradoiro de Maquillaxe
Lugar: Parque de San Lázaro
18.00 – 23.00 h Túnel do Terror
Lugar: Praza do Bispo Cesáreo
19.00 – 19.45 h Desfile de Halloween.
Itinerario: Parque de San Lázaro, rúa do Paseo, Praza Maior
19.45 h Animación de rúa
Lugar: zona dos Viños
20.00 – 21.00 h Concerto infantil Oviravai
Lugar: Praza Maior
20.00 – 23.00 h Animación “Chaioso de medo”
Lugar: Praza Maior e rúa de Santa Eufemia
23.00 – 24.00 h Heredeiros da Cruz
Lugar: Rúa do Progreso
00.00 – 3.00 h Gramola Especial Halloween
Lugar: Praza Maior