HomePontevedraA ParadantaA Deputación mobiliza esta semana tres colectivos de Arbo, Lalín e Salvaterra...

A Deputación mobiliza esta semana tres colectivos de Arbo, Lalín e Salvaterra de Miño nos seus programas formativos de participación social +Xuntas e Provincia Activa

- Anuncio -spot_img

Mulleres de Arbo participan nun obradoiro de iniciación ao patchwork de +Xuntas, o programa destinado a promover a igualdade e crear espazos de encontro para mulleres

Maiores de Lalín e Salvaterra de Miño asistirán a un curso de ioga e plantas medicinais respectivamente no marco de Provincia activa, o programa da Deputación que busca impulsar o envellecemento activo

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas para colectivos sociais de Arbo, Lalín e Salvaterra de Miño no marco dos seus programas formativos e de participación social +Xuntas e Provincia activa. As tres accións suporán a mobilización de máis de 50 persoas maiores e mulleres da provincia de Pontevedra.

A primeira en ter lugar correspóndese co programa +Xuntas, unha iniciativa que busca promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da creación de espazos de encontro social que, ademais, fomentan a empregabilidade das mulleres. Terá lugar en Arbo a partir deste martes 14 de outubro e consistirá nun obradoiro de iniciación ao patchwork, no que aprenderán a coser tecidos con anacos de tea un grupo de 21 mulleres da Asociación Veciñal Deportiva Cultural e Xuvenil Arcangel San Miguel.

Tamén o martes 14 de outubro comezará un actividade de ioga para 15 usuarias da Asociación Mulleres en Igualdade de Moneixas, de Lalín, e xa o mércores 15 serán 18 máis da Asociación Mulleres Rurais Tempo Gañado, de Salvaterra de Miño, as que participarán nun curso de plantas medicinais. Estas dúas accións desenvólvense no marco de Provincia activa, unha iniciativa que busca impulsar o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, así como fomentar a participación e crear espazos de encontro e intercambio de experiencias.

A través de +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres e apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, que puideron escoller entre 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

En canto a Provincia activa, a Deputación ofertou este ano 14 obradoiros divididos en seis bloques temáticos: “Benestar natural”, “Saúde en movemento”, “Emociónate”, “Outra vida”, “Con ritmo!” e “Reder@s”. O programa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e ao longo deste ano desfrutarán dos obradoiros 130 entidades de 40 concellos da provincia.

Publicacións Relacionadas