HomeVigoBaionaDesvío na rúa Conde por reformas

Desvío na rúa Conde por reformas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona comunica que ante o perigo de derrube polos traballos de apontoamento do inmoble situado na rúa Conde número 39 e por motivos de seguridade, queda cortada dita rúa ao paso de vehículos e peóns á altura dos números 35 ao 49 e 24 ao 30, polo que o Xulgado de Paz de Baiona deberá permanecer pechado ao público ata a finalización dos traballos de apontoamento que se realiza durante esta semana.

Para o paso de peóns, os portais do xardín do museo da Navegación permanecerán abertos para que o paso sexa máis sinxelo, tamén se pode realizar este traxecto pola rúa de Ventura Misa ou adxacentes.

Desde o Concello de Baiona sentimos este contratempo e agradecemos a veciños e visitantes o cumprimento das sinalizacións postas a pé de rúa pola súa seguridade.

Publicacións Relacionadas