HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López destaca o investimento de 725.000 euros da Deputación para financiar...

Luis López destaca o investimento de 725.000 euros da Deputación para financiar o 100 % da mellora do acceso peonil a Combarro a través de Casalvito

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, acompañado polo alcalde Ángel Moldes, comproba o inicio das obras do Plan Extra, asinado no mes de maio co Concello de Poio e que sufraga con recursos do +Provincia a achega municipal

“Unha actuación que recolle as necesidades dos veciños, un treito que será moito máis seguro e un proxecto que vén completar o que xa se fixo en moi pouco tempo, falamos da mellora da PO-308 e dos aparcamentos disuasorios”, salienta López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este martes a localidade de Combarro, no Concello de Poio, para comprobar o inicio das obras de mellora da mobilidade peonil entre os núcleos de Casalvito e O Padrón. Uns traballos valorados en 725.000 euros e financiados ao 100 % pola Deputación ao abeiro dos programas de cooperación do Plan Extra e o +Provincia. “É un pracer estar nunha das xoias das Rías Baixas como é Combarro, pero o pracer é superior se é para comprobar o inicio duns traballos tan necesarios. Un proxecto que vai financiar a Deputación ao 100 % e un proxecto estratéxico que nace dun artífice: o alcalde Ángel Moldes”, afirmou o mandatario provincial diante do rexedor e dun grupo de veciños do lugar.

O proxecto consiste na mellora da conexión do núcleos de Casalvito e O Pereiro co acceso á praia do Padrón de Combarro. Unha actuación integral nunha área duns 2.500 metros cadrados na que se mellorará a mobilidade peonil nestes núcleos a través da renovación do pavimento ao mesmo tempo que se renovan os servizos soterrados e a imaxe dunha contorna moi habitada e pola que discorre o itinerario da variante espiritual do Camiño de Santiago. “Unha actuación que recolle as necesidades dos veciños, un treito que será moito máis seguro e un proxecto que vén completar o que aquí xa se fixo en moi pouco tempo, falamos desta actuación pero temos tamén a mellora da PO-308 e os aparcamentos disuasorios”, salientou o presidente, quen aproveitou para poñer en valor “o traballo do alcalde e o seu equipo de goberno ao desenvolver proxectos maduros, estratéxicos e ben plantexados”.

Un inicio das obras dun convenio asinado no mes de maio deste ano que serve para reafirmar o compromiso da Deputación cos concellos da provincia. “En dous anos levamos mobilizados en Poio 3,5 millóns de euros só a través dos programas de Cooperación”, resaltou o mandatario provincial antes de lembrar tamén a aposta do organismo provincial polo deporte, na que Poio é unha referencia, tanto pola acollida este verán da saída dunha etapa de La Vuelta, como pola mellora dos equipamentos deportivos municipais coa creación dunha pista de pump track na Seca e unha pista multideporte en Vilariño a través das dúas primeiras edicións do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que xa ten en marcha a súa terceira convocatoria.

Publicacións Relacionadas