HomePontevedraA ParadantaÉxito do Club Covelo de Patinaxe Artística no IX Trofeo Cruceiro de...

Éxito do Club Covelo de Patinaxe Artística no IX Trofeo Cruceiro de Covelo

- Anuncio -spot_img

O pasado sábado 11 de outubro, o Pavillón Municipal de Covelo acolleu o IX Trofeo Cruceiro de Covelo, unha destacada cita deportiva que reuniu a patinadoras e patinadores de diferentes niveis, amateur, cadete, nacional, rexional, alevín, benxamín e infantil nunha xornada chea de talento, esforzo e deportividade.

O Club de Patinaxe Covelo brillou con excelentes resultados, amosando o traballo, a constancia e o compromiso das súas deportistas e adestradoras:

Aroa Carrera – Nivel VI,1ª posición
María Rodríguez – Nivel VIII, 1ª posición
Naia Lugo – Categoría Benxamín, 1ª posición
Noa Martínez – Categoría Infantil, 1ª posición
Nayra López – Nivel IV, 2ª posición
Manuela Vázquez – Nivel V, 2ª posición
Aldara Lugo – Nivel VII, 2ª posición

Juan Pablo Castillo, Alcalde do concello de Covelo quere felicitar a todas as patinadoras, ao equipo técnico e ás familias polo seu esforzo e dedicación, así como polos valores de superación, disciplina e compañeirismo que transmiten dentro e fóra da pista e resalta que o Trofeo Cruceiro de Covelo consolídase un ano máis como un referente do patinaxe artístico galego, e como unha mostra do forte compromiso co deporte e a mocidade que caracteriza ao noso municipio.

Publicacións Relacionadas