HomeOurenseOurenseO Concello mellora a pavimentación de 6 rúas de Ourense cun investimento...

O Concello mellora a pavimentación de 6 rúas de Ourense cun investimento total de 265.000 euros

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense desenvolve un programa de actuacións de mellora da pavimentación en diferentes rúas da cidade, cun investimento total de 265.775,66 euros.

As actuacións programadas consisten fundamentalmente no asfaltado e o pintado destas rúas. En fase de execución atópanse os proxectos de mellora do Paseo de Oira, cun orzamento de 47.910,92 euros; do Paseo da Lontreira, na localidade de Velle, por un importe de 47.865,18 euros; da rúa Canella de Abaixo, nas proximidades do Sexto Instituto, cun orzamento de 34.850,06 € e a rúa Canexón – Santa Mariña, por 47.980,49 euros.

O programa de investimentos deseñado pola Concellería continuará con intervencións de mellora da pavimentación e pintado da rúa das Póutigas (39.215.50 euros) e da rúa de Ousande (47.954,51 euros).

Paralelamente, e tamén desde a Concellería de Infraestruturas, estase a desenvolver un plan de actuacións para a mellora da mobilidade en 7 pasos peonís de diferentes rúas da cidade, cun investimento total de 263.958,66 euros.

Publicacións Relacionadas