HomeOurenseOurenseA vicesecretaría de Igualdade do PPdeOU mantén un encontro coa Asociación de...

A vicesecretaría de Igualdade do PPdeOU mantén un encontro coa Asociación de Mulleres Rurais de Gomesende para poñer en valor o seu papel a prol do territorio

- Anuncio -spot_img
  • A vicepresidenta do PPdeOU e a vicesecretaria de Igualdade, Marta Nóvoa e Elena Freijedo, reuníronse con esta entidade presidida por Pura Rodríguez, alcaldesa do municipio, para coñecer de primeira man o traballo que realizan a prol das mulleres do territorio
  • A vicesecretaria de Igualdade pretende poñer en valor e dar visibilidade ó impagable labor que realizan “as mulleres como principais responsables de que o noso rural siga vivo e de que a remuda xeracional sexa unha realidade”

A vicepresidenta e a vicesecretaria de Igualdade do PPdeOU, Marta Nóvoa e Elena Freijedo, respectivamente, mantiveron hoxe, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, un encontro coa Asociación de Mulleres Rurais de Gomesende para coñecer de primeira man o traballo que realiza dita entidade, presidida por Pura Rodríguez, alcaldesa do municipio, a prol das mulleres de Gomesende.

A través deste encontro que tivo lugar no Multiusos de Gomesende, a vicesecretaria de Igualdade pretende poñer en valor e dar visibilidade ó impagable labor que realizan “as mulleres como principais responsables de que o noso rural siga vivo e de que a remuda xeracional sexa unha realidade”, reivindicou Elena Freijedo.

Neste sentido, Marta Nóvoa lembrou que o Partido Popular de Ourense é o partido das catro provincias galegas co maior número de alcaldesas, o que da boa conta “do papel protagonista que temos as mulleres nun partido que é o que mellor representa a nosa provincia”.

“Coñecedoras do territorio, comprometidas co seu futuro e avaladas por levar a cabo unha xestión rigorosa e que pon o foco no importante: a veciñanza”, explicou a vicepresidenta do PPdeOU, quen reafirmou que a folla de ruta do partido pasa porque “as nosas mulleres do rural se sintan ben representadas por nós” e animou a que cada vez sexan máis as mulleres que se unan ao proxecto do Partido Popular de Ourense.

Publicacións Relacionadas