HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas a Vila de Cruces...

A Deputación leva este domingo o ciclo +Escénicas a Vila de Cruces cun espectáculo familiar de música e humor

- Anuncio -spot_img

O espectáculo “Charlatán Rodríguez” representarase a cargo da compañía Rendos Pequeno no Auditorio municipal Xosé Casal ás 18:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 19 de outubro o circuíto +Escénicas ao concello de Vila de Cruces da man dun espectáculo de música e humor a cargo da compañía Rendos Pequeno. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Charlatán Rodríguez” representarase no Auditorio municipal Xosé Casal a partir das 18:00 horas e está pensada para público familiar. Esta divertida peza cómica, que trunfou na Mostra Internacional de Teatro de Cangas, está dirixida por Fran Rei e interpretada por Félix Rodríguez. Trátase dunha crítica da sociedade consumista e do mundo dos vendedores ambulantes con música en directo. Charlatán Rodríguez non só prometerá facer ricos aos espectadores de Vila de Cruces, senón tamén os invitará a pensar no que realmente importa a través dun humor para toda a familia que non deixará de transmitir ensinanzas vitais.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas