HomePontevedraRedondela, pioneira na inclusión de códigos nas placas das rúas con información...

Redondela, pioneira na inclusión de códigos nas placas das rúas con información da toponimia

- Anuncio -spot_img

– O Concello inclúe na nova sinalización das rúas un código QR con acceso á páxina web Toponimia de Redondela “para que veciñanza e visitantes poidan coñecer a orixe e significado dos nomes das rúas e lugares”, explica Rivas. Esta iniciativa conta co apoio da RAG, institución que recoñeceu e eloxiou a labor do Concello redondelán por ser o primeiro en incluír a toponimia como ben patrimonial no PXOM.

O Concello de Redondela traballa na promoción e posta en valor do seu patrimonio inmaterial, e o nome das rúas, barrios e lugares é un ben a conservar. De feito Redondela é o primeiro Concello en incluír a toponimia como ben patrimonial no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este feito foi recoñecido e eloxiado pola Real Academia Galega na visita que este ano fixo á vila o presidente da entidade, Víctor Freixanes. Desde o Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, Creouse a páxina web Toponimia de Redondela, na que se recolle a orixe e significado de máis de 2.000 microtopónimos.

En liña con este proxecto, o Concello xa anunciara que as novas placas que se vaian colocando nas rúas incluirían un código QR para acceder a ese directorio dixital. Para Rivas “este é un xeito de dar visibilidade ao traballo de recuperación da toponimia e achegarnos a esta riqueza patrimonial que debemos conservar”. Deste xeito, visitantes e curiosos poden consultar o que significa o nome de cada lugar.

As primeiras rúas en contar coa nova sinalización son Camiño dos Eidos, Catepeixe, en Cesantes, Estrobo, en Chapela, Carambola, en Reboreda, rúa Alta, en Asnelle de Arriba, Estrada Morta, Camiño da Lameira ou Camiño Real de Angorén, entre outras. O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, que se encarga da colocación das placas, conta xa cunha trintena de novas sinalizacións que se irán instalando nas vindeiras semanas. O concelleiro, Roberto Villar, explica que o obxectivo e ir incorporando as novas placas no rueiro municipal de todas as parroquias paulatinamente.

A páxina da Toponimia de Redondela permite tamén a descarga dos libros de microtoponimia realizados polo Concello de Redondela. Desde o Servizo de Normalización Lingüística promovéronse traballos de campo, estudos filolóxicos e a edición de libros da microtoponimia das parroquias de Redondela “todos eles cunha moi boa acollida por parte da cidadanía”, lembra Rivas.

LISTADO DAS NOVAS PLACAS POR PARROQUIAS

REBOREDA

“Barrio Asnelle de Abaixo. Cmño. da Carambola”

“Barrio Asnelle de Abaixo. Cmño. do Coto”

CABEIRO

“Barrio Porto Cabeiro. Cmño. das Granxas”

“Barrio Porto Cabeiro. Cmño. da Cova”

NEGROS

“Barrio Fixón. Cmño. da Carreira”

“Barrio Negros. Cmño. de Landín”

“Barrio Pregal. Cmño. da Lameira”

REDONDELA

“Rúa Castelao”

“Rúa Blanco Amor”

CHAPELA

“Barrio Cidadelle. Cmño. do Paporoxo”

“Barrio Cidadelle. Cmño. do Cormorán”

“Barrio Igrexa. Cmño. do Falcón”

“Barrio Igrexa. Cmño. da Oliveira”

“Barrio Igrexa. Cmño da Costa”

“Barrio Igrexa. Cmño. do Piñeiral”

“Barrio Laredo. Cmño. da Baliza”

“Barrio Laredo. Cmño. do Limoeiro”

“Barrio Laredo. Cmño. da Viña”

“Barrio Laredo. Cmño. dos Penedos”

“Barrio Angorén. Cmño. do Cabazo”

“Barrio Angorén. Rúa Cubillón”

“Barrio Angorén. Cmño. Real”

“Barrio Angorén. Cmño. da Hedra”

“Barrio Angorén. Cmño. Estrobo”

“Barrio Angorén. Rúa Alexandre Bóveda”

TRASMAÑÓ

“Barrio Trasmañó. Cmño. das Xabreiras”

“Barrio Trasmañó. Cmño. Eido da Vella”

“Barrio Trasmañó. Cmño. da Fontiña”

“Barrio Trasmañó. Cmño. da Minada”

VENTOSELA

“Barrio O Vilar do Mato. Cmño. do Moucheiro”

O VISO

“Barrio Soutoxuste. Estrada Morta”

CESANTES

“Barrio O Coto. Cmño. de Novas”

VILAR DE INFESTA

“Barrio Millarada. Cmño. ós Eidos de Vilar”

Publicacións Relacionadas