A alcaldesa de Fene e representantes de varias sociedades culturais, deportivas, de ensino e promoción económica do termo municipal asinaron este mediodía os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2025.
Os convenios ascenden a un total de 39.500 € para as Culturais, 7.500 € para Ensino, 5.000 € para Deportes e 26.000 € para Promoción Económica.
Con anterioridade, foron asinados os convenios da AC Felicia (Felicia Pop Festival) e Centolos AC (Festival Fenerock), por un importe de 11.000 € para cada un.
Con estas aportacións, o Concello de Fene pretende apoiar a labor destas entidades para organizar os seguintes eventos:
Festa do Poldro (AVV San Xurxo de Magalofes): 1.200 €
Festa da Orella (AVV Santa Eulalia de Limodre): 1.200 €
Premio Pérez Parallé (CMI Unidade): 4.000 €
Xuntanza de Gaiteiros (Banda de Gaitas Airiños de Fene): 4.500 €
Festa da Ameixa (ACRD O Pote de Maniños): 1.200 €
Romería do Pote (ACRD O Pote de Maniños): 3.000 €
Festa da Langostino (CPS de San Valentín): 1.200 €
Romería do Camiñante (ACRD Liga de Amigos de Barallobre): 1.200 €
Comedor Escolar (ANPA Os Casais): 3.500 €
Comedor Escolar (ANPA Centieiras): 3.000 €
Hiperbaric (IES Fene): 1.000 €
Slalom (Escudería Scratch Fene): 5.000 €
Merca en Fene (Asociación O Cruceiro): 10.000 €
Lavandeiras de Sillobre (SCRD Agarimo de Sillobre): 3.000 €
Programa actividades (Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre): 8.000 €
Perla Mural Fest (Asociación Perla Mural Fest): 5.000 €