Este domingo 19 de outubro ás 19:30 horas, o Auditorio Municipal de Covelo acollerá a primeira sesión do Ciclo de Cine pola Igualdade, unha iniciativa organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.
O ciclo desenvolverase ao longo de tres domingos e busca empregar o cinema como ferramenta para reflexionar sobre a igualdade, a superación persoal e os valores sociais a través de películas con mensaxe.
A proxección inaugural será o filme “Corre como una chica”, unha historia inspiradora que amosa a forza, o esforzo e a determinación dunha muller que rompeu barreiras nun deporte tradicionalmente masculino.
Ao rematar a película, o público poderá participar na actividade “Expresión de igualdade”, un espazo aberto de análise e debate para compartir reflexións, impresións e ideas arredor do tema central do filme.
O Concello de Covelo convida a toda a veciñanza a participar neste Cinefórum con perspectiva de igualdade, que combina cultura, reflexión e participación cidadá a entrada será libre ata completar aforo.