HomePontevedraPontevedraMáis de 150 docentes participarán este sábado na VII xornada de formación...

Máis de 150 docentes participarán este sábado na VII xornada de formación Pinto e Maragota, que porá o foco no eixe diversidadesaúde mental

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, inaugurará o encontro, ás 10.00 horas, no Teatro Principal, cunha conversa coa directora da área de Diversidade da Uvigo, Raquel Rey O foro A diversidade nas aulas, materia pendente? é unha iniciativa pioneira e senlleira en Galicia que pon a Pontevedra no centro das actividades formativas en diversidade para profesorado

Máis de 150 docentes de toda Galicia participarán na VII Xornada de Formación A diversidade nas aulas, materia pendente? que se vai a desenvolver este sábado 18 de outubro, no Teatro Principal, ao abeiro do programa municipal pola diversidade sexual e de xénero de Pontevedra, Pinto e Maragota, que promove a Concellería de Igualdade. Hai inscritos profesoras/es de Secundaria e Primaria e tamén alumnado do Grao de Educación, os futuros ensinantes. Para os/as docentes en activo, a xornada ten o recoñecemento curricular oficial de oito horas de formación.

Unha conversa de Anabel Gulías, concelleira de Igualdade, e Raquel Rey, directora da Área de Diversidade da Universidade de Vigo, inaugurará a xornada formativa, ás 10.00 horas. Unha charla que leva por título: O persoal sempre é política.

Nesta ocasión, o encontro porá o foco no binomio diversidade e saúde mental (da man da psiquiatra Iria Veiga e o orientador educativo Miguel Calvo) e na persistencia, malia ser ilegais, das chamadas terapias de conversión.

Pero no encontro do profesorado caberán moitas cousas máis: desde a gravación dun podcast Prendísima en directo (cunha entrevista a unha sexóloga sobre os abusos na infancia) á presentación do estudo sobre as mulleres lesbianas en Galicia; pasando por unha conversa sobre diversidade e deporte entre a escritora María Reimóndez∫∫ e a boxeadora profesional Lorea Murgoitio ou a aprendizaxe de como encher a wikipedia de contidos queer.

Tamén, e xa entrada a tarde, haberá espazo para a literatura co escritor Álvaro Domínguez, autor de Gai o xusto e o investigador Carlos Callón, autor do libro Cantas lésbicas coñeces en toda a Historia de Galiza? A exclusión LGTB como axenda.

O encontro rematará co espectáculo poético-musical Onde dormen as baleas, de Andrea Nunes e Gael de Papel

O foro de estudo A diversidade nas aulas, materia pendente? é unha iniciativa pioneira e senlleira en Galicia, un encontro anual referente na abordaxe da diversidade nas aulas que pon a Pontevedra no centro das actividades formativas en diversidade para profesorado.

Publicacións Relacionadas