HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece o venres 24 de outubro un roteiro...

O concello de Nigrán ofrece o venres 24 de outubro un roteiro polos cinco miradoiros do municipio

- Anuncio -spot_img

Para participar é preciso inscribirse previamente en roteiros@nigran.org indicando nome, apelidos e teléfono

O Concello de Nigrán ofrece o venres 24 de outubro o ‘Roteiro cinco miradoiros’ polos cumios do municipio nunha xornada que se extenderá de 16:00 a 20:30 horas aproximadamente e con disposición de autobús desde a Casa Consistorial para o traslado de ida e volta. A actividade é de balde e participar é preciso inscribirse previamente en roteiros@nigran.org indicando nome, apelidos e teléfono.

De dificultade media-alta, a saída terá lugar desde o pericoto do Vilar (Camos) para chegar a Chandebrito e subir ao monumento adicado a Milladoiro e ata os Pulmóns que recordan os incendios de 2017 na parroquia, o cuarto será o das ‘Señoras’, en Camos, e, finalmente, o de Monte Castelo na parroquia de Parada.

Publicacións Relacionadas