HomeOurensePodemos Ourense ratifica a súa voceiría e marca o rumbo cara ás...

Podemos Ourense ratifica a súa voceiría e marca o rumbo cara ás eleccións municipais de 2027

- Anuncio -spot_img

O círculo de Podemos Ourense celebrou esta tarde unha asemblea aberta á que asistiu a militancia e simpatizantes para analizar o traballo realizado e planificar o camiño político cara ás eleccións municipais de 2027.

Durante o encontro, a militancia ratificou a voceiría de Francisco Diéguez, que continuará liderando o partido, tras un ano de mandato. Este proceso supón un exercicio de participación e confianza colectiva, co obxectivo de reforzar a cohesión interna e a implicación da militancia.

A asemblea contou coa presenza de Toño Naval, secretario autonómico de círculos, en representación de Podemos Galicia, quen destacou o labor desenvolvido polo círculo ourensán e o compromiso da organización coa construción dun proxecto político sólido, arraigado no territorio e conectado coas necesidades da cidadanía ourensá

O portavoz estivo arroupado por todo o seu equipo, entre eles Silvia, secretaria de Feminismo, e Ruymán, secretario de Organización, que amosaron o seu respaldo e compromiso co traballo colectivo do círculo.

Segundo o portavoz, “a asemblea é o espazo natural onde rendemos contas e marcamos o rumbo político de Podemos Ourense; queremos seguir fortalecendo un proxecto útil, participativo e aberto á cidadanía”.

As liñas de traballo para os vindeiros meses centraránse en vivenda, medioambiente e servizos públicos, con especial atención ao servizo de bombeiros e bomberas, a Policía Local e os servizos sociais, entre outros ámbitos fundamentais para garantir o benestar da veciñanza de Ourense.

Publicacións Relacionadas