HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación axudará aos concellos a preparar as súas axendas estratéxicas de...

A Deputación axudará aos concellos a preparar as súas axendas estratéxicas de cara a mellorar a captación de fondos europeos

- Anuncio -spot_img

“Estamos a axudar aos pequenos concellos da provincia a dotarse dunha planificación estratéxica que está a ser requirida cada vez máis para optar a convocatorias de axudas financiadas con fondos europeos e estatais”, asegurou o deputado Javier Tourís

Tourís reuniuse con representantes dos concellos que están a participar nesta iniciativa que completou xa 17 diagnósticos e ten en vías de desenvolvemento as follas de ruta

A Deputación de Pontevedra está a acompañar aos concellos da provincia no proceso de planificación estratéxica da man do proxecto europeo C2 Axenda 2030 Local, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2021-2027 do que o organismo provincial é coordinador e que conta cun orzamento de preto de 800.000€.  “Trátase –asegurou o deputado Javier Tourís- dun proxecto concibido para axudar aos pequenos concellos da provincia a dotarse dunha planificación estratéxica que está a ser requirida cada vez máis para optar a convocatorias de axudas financiadas con fondos europeos e estatais”. Neste eido, Tourís mantivo unha xuntanza con representantes dos concellos que están a participar nesta iniciativa que completou xa 17 diagnósticos e ten en vías de desenvolvemento as follas de ruta.

O deputado agradeceu aos concellos a implicación neste proceso de planificación que “nos vai permitir coñecer os retos e necesidades dos vosos territorios e das accións necesarias a acometer”. Ao respecto, destacou temas de interese compartidos como a auga e o saneamento, a vivenda, a xestión forestal, os residuos ou os plans de sostibilidade turística. E avanzou que “imos seguir acompañándovos na definición de proxectos transformadores para o avance desta provincia extraordinaria”.

Na xuntanza, Tourís adiantou que se vai organizar para os concellos un curso de formación da man da Universidade de Vigo no que se afondará no impulso do turismos sostible e inclusivo en municipios pequenos, no deseño e xestión de proxectos transformadores e dixitais, na economía social e no desenvolvemento sostible en municipios pequenos, na transición enerxética e a resiliencia climática e na implantación da Axenda 2030. Ademais organizarase un seminario sobre aspectos clave a ter en conta no deseño de estratexias turísticas en concellos pequenos.

Publicacións Relacionadas