HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez convida a valorar a derradeira Carreira Vigo contra o Cancro...

Luisa Sánchez convida a valorar a derradeira Carreira Vigo contra o Cancro como unha “meta simbólica que marca todos os éxitos acadados”

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, lamentou que a Carreira Vigo contra o Cancro celebrase este domingo a súa derradeira edición pero convidou a valorar a fin deste evento como “unha meta simbólica que marca todos os éxitos acadados”. Neste sentido, gabou o traballo desenvolvido pola organización, que conseguiu reunir preto de 300.000 euros en doce edicións. Unha recadación que foi destinada á financiar labores de investigación e a apoiar a doentes de cancro e as súas familias. Paralelamente, segundo Luisa Sánchez, tamén se logrou “mobilizar a unha cidade que demostrou que a solidariedade córrese, camíñase e vívese”.

Publicacións Relacionadas