HomeA CoruñaA CoruñaA rúa Manuel Deschamps, no barrio da Agra do Orzán, reabrirá ao...

A rúa Manuel Deschamps, no barrio da Agra do Orzán, reabrirá ao tráfico nos vindeiros días tras completarse as obras de mellora previstas

- Anuncio -spot_img

O Concello avanza coa súa folla de ruta no distrito, onde esta mesma semana arrincaron os traballos de demolición do muro que impedía o acceso ao parque do Observatorio desde a rúa Canceliña

Nos vindeiros días reabrirase ao tráfico a rúa Manuel Deschamps, onde o Concello actuou ao longo dos últimos meses para reurbanizar o treito comprendido entre Fanny Garrido e a rolda de Outeiro, co obxectivo de contestar as demandas da veciñanza da Agra do Orzán nesta parte do barrio.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que esta intervención en Manuel Deschamps foi, na práctica, a segunda fase de traballos nunha rúa onde xa se mellorou, previamente, o treito entre Fanny Garrido e Almirante Mourelle, con achegas dos fondos europeos Next Generation.
“Actuando tamén no sector que conecta coa rolda de Outeiro, conseguimos darlle unha uniformidade a toda a rúa e aproveitamos para renovar os pavimentos da calzada e das beirarrúas”, indicou Díaz, que subliñou o compromiso do Goberno de Inés Rey en mellorar a accesibilidade no barrio atendendo ao compacto da súa configuración, sendo como é un dos máis densamente poboados da cidade.

Neste sentido, no contexto da intervención en Manuel Deschamps tamén se reurbanizou o carreiro lateral que hai no treito inicial da rúa, un espazo eminentemente residencial e con acceso a garaxes, onde se actuou para osixenar a superficie existente e se creou unha plataforma única coa calzada e a beirarrúa ao mesmo nivel.
“Para efectos prácticos, dos traballos previstos só resta algún remate en áreas verdes e xardinería, polo que xa será viable habilitar a circulación de vehículos pola rúa a partir da semana que vén, a inicios desta”, estimou a concelleira.

Un novo pulo ás demandas veciñais do barrio da Agra

As melloras executadas neste treito de Manuel Deschamps supuxeron un investimento de 260.000 euros por parte do Concello e súmanse ás xa executadas previamente no rueiro que conecta o Peruleiro coa rúa Barcelona, sufragadas con 600.000 euros en fondos Next Generation.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey avanza coa súa folla de ruta para cumprir os compromisos asumidos coa veciñanza da Agra do Orzán, onde esta mesma semana se iniciou o derrubamento do muro exterior do parque do Observatorio na rúa Canceliña, unha intervención fundamental para acondicionar a área verde longamente demandada polo barrio, que agora se abre camiño con esta medida.

Publicacións Relacionadas