O Concello de Nigrán, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta, ofrece un novo curso gratuito destinado a maiores de 65 anos para mellorar o emprego das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación). O curso terá lugar no Centro Social de Maiores de Vilameán os luns 27 de outubro, 3 e 10 de novembro de 9:30 a 11:00 nunha primeira quenda e de 11:00 a 12:30 na segunda. A inscrición será o xoves 23 de outubro de 9:00 a 10:00 no mesmo local onde terá lugar o curso. Os asistentes aprenderán, entre outras cousas, a manexar mellor o smartphone, o caixeiro automático, as máquinas de quendas, a aplicación móvil do Sergas e o sistema Chave 365.