HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación subliña as “múltiples oportunidades” de Rías Baixas como escenario audiovisual...

A Deputación subliña as “múltiples oportunidades” de Rías Baixas como escenario audiovisual tralo paso pola provincia de grandes produtoras nacionais e internacionais

- Anuncio -spot_img

“Esta viaxe foi totalmente positiva. Imos seguir traballando nesta liña co obxectivo de achegar ás produtoras audiovisuais os diferentes escenarios desta provincia para grandes producións”, subliñou o deputado de Turismo Jesús Vázquez Almuíña

Visitaron a provincia localizadores internacionais e nacionais que traballan con produtoras como Netflix, Sony Pictures, Marvel Studios, Warner Bross e A3Media e estiveron implicados en proxectos como Sex and the City, The Walking Dead, Batman Begins ou Fast and Furious

A Deputación de Pontevedra pon fin á viaxe de familiarización á provincia que organizou para localizadores internacionais e nacionais que traballan con produtoras como Netflix, Sony Pictures, Marvel Studios, Warner Bross e A3Media e que estiveron implicados en proxectos como Sex and the City, The Walking Dead, Batman Begins, Fast and Furious, El increíble Hulk, El Cuerpo, Midsommar, Saben Aquell, Verom: el último baile, La Sociedad de la Nieve, Un monstruo viene a verme ou El Renacido. Unha viaxe que permitiu aos localizadores ter unha primeira toma de contacto coa provincia, da que subliñaron as múltiples oportunidades que ten, con zonas moi abertas e amplas, para realizar diferentes tipos de rodaxes audiovisuais.

Para o deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, esta viaxe foi “totalmente positiva. Imos seguir traballando nesta liña co obxectivo de achegar ás produtoras audiovisuais os diferentes escenarios desta provincia para grandes producións”. Deste xeito, na viaxe pecháronse xa reunións cunha localizadora británica, moi interesada no destino, e tamén con especialistas de Cataluña, que destacaron a versatilidade do destino para os proxectos nos que están a traballar. 

Estes días en Rías Baixas, os localizadores nacionais e internacionais tiveron a oportunidade de percorrer a zona industrial de Vigo, cun percorrido por Baiona e polo sur da provincia que incluíu paseo en barco polo río Miño e visita ao conxunto histórico-artístico de Tui.  Tamén unha visita á comarca do Salnés, con paradas en Vilagarcía e Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, así como cun paseo en barco pola Ría de Arousa e a Illa de Arousa e visita a unha adega da DO Rías Baixas. E, finalmente, cun percorrido pola castelo de Souotmaior, as Salina do Ulló de Vilaboa, Pontevedra e as comarcas de Terra de Montes e Deza.

Publicacións Relacionadas