O Concello de Ourense dará apoio este ano a un total de 88 actividades organizadas polas asociacións veciñais da cidade, cunha achega total de 104.145,57 euros. A Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Antonio Fernández, aprobou a resolución da convocatoria de subvencións realizada polo Concello para asociacións veciñais coa finalidade de apoiar o funcionamento e a realización de programas durante o ano 2025.
A convocatoria desenvólvese no marco do Plan estratéxico da concellería co obxectivo prioritario de fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal e a participación cidadá. As entidades adxudicatarias das subvencións disporán de prazo pata xustificalas ata o día 30 de decembro de 2025.



