HomeVigoMosO compositor mosense Jacobo Gaspar Grandal gaña en Lisboa o primeiro premio...

O compositor mosense Jacobo Gaspar Grandal gaña en Lisboa o primeiro premio no VII Concurso Internacional de Composición GMCL / Jorge Peixinho

- Anuncio -spot_img

O compositor de Mos Jacobo Gaspar Grandal, catedrático de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo, gaña o primeiro premio no VII Concurso Internacional de Composición GMCL / Jorge Peixinho que organiza o Grupo de Música Contemporánea de Lisboa na capital portuguesa.

O compositor mosense acada o primeiro premio coa súa obra ‘Fragmentos do vento’, que emprega textos do poeta portugués F. Pessoa e está escrita para mezzo-soprano e un conxunto instrumental formado por oito instrumentos. O premio está dotado cunha suma en metálico de 4000 euros e leva aparellado a edición da partitura.

A entrega de premios celebrouse o pasado domingo 19 de outubro no Auditorio do Centro Cultural de Belém, en Lisboa, ao final do concerto no que se presentaron as obras de todos os finalistas e que foi retransmitido pola Radio Nacional Portuguesa.

O concurso, ao que se presentaron aspirantes de 22 países, está considerado o máis importante do país veciño e contou cun xurado formado por recoñecidas figuras do ámbito internacional, entre as que destacaban o compositor italiano Iván Fedele e o alemán Gerhard Stabler.

Máis información sobre o compositor:

Máis información sobre o concurso: https://www.gmcl.pt/concurso-de-composicaocomposition-competition/

Máis información sobre o Grupo de Música Contemporánea de Lisboa: https://www.gmcl.pt/

Publicacións Relacionadas