HomeA CoruñaA Escola Oficial de Idiomas fomenta a vida activa entre o alumnado...

A Escola Oficial de Idiomas fomenta a vida activa entre o alumnado a través do proxecto “Deporte é saúde”, que na súa segunda edición inclúe aquagym, esgrima e equitación

- Anuncio -spot_img

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo segue apostando pola formación integral do alumnado a través do proxecto Deporte é saúde, unha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Educación a través do Plan Proxecta e coa que se pretende, fundamentalmente, fomentar hábitos de vida saudables, a vida activa e a práctica deportiva entre os/as participantes.

En novembro arrincará a segunda edición do programa. Despois das experiencias do curso pasado nas modalidades de sendeirismo, tiro con arco e vela, este curso o alumnado practicará aquagym na piscina municipal Vila de Noia, equitación no centro hípico Dressage Horses en Queo (Bértoa) e esgrima na Coruña.

O Plan Proxecta ten como finalidade o fomento da innovación educativa, que neste caso se manifesta a través da introdución do deporte no ámbito académico dunha escola de idiomas, algo moi pouco frecuente, e da promoción de deportes minoritarios.

Aínda que todo o profesorado está implicado, a coordinación do proxecto Deporte é saúde corre a cargo do profesor Javier Tosar, que, ademais, leva conta de cada paso que se dá. O seu caderno de bitácora, xunto coas enquisas que se realizarán periodicamente ás persoas participantes, permitirán avaliar a iniciativa e extraer conclusións que, sen dúbida, serán de gran utilidade para futuras propostas.

Publicacións Relacionadas